A sociedade da información e o novo contexto dixital supuxeron unha revolución na forma de crear coñecemento e cultura, e, sobre todo, na forma de acceder a eles. Cidadáns/as, artistas e consumidores/as deixaron de ser suxeitos pasivos e illados/as fronte á industria de produción e distribución de contidos. Agora cada persoa colabora, participa e decide de forma máis directa e democrática.
A tecnoloxía, como ponte, permite que as ideas e o coñecemento flúan; acabando así con moitas das barreiras xeográficas e tecnolóxicas que impedían compartir; proporcionando, ademais, novas ferramentas educativas e propiciando a aparición de novas fórmulas de organización sociais, económicas e políticas.
Esta revolución é comparable á que provocou a imprenta. A pesar disto, a industria do entretemento, a maioría dos provedores de servizos de comunicacións e os centros de poder seguen baseando os seus beneficios e a súa autoridade no control dos contidos, das ferramentas e das canles de distribución, mantendo unha economía da escaseza. E todo isto violando os dereitos dos\/*as cidadáns/*as á educación, ao acceso á información, á cultura, á ciencia e a tecnoloxía, a liberdade de expresión, a inviolabilidade das comunicacións e da privacidade, a liberdade de compartir.
A protección de intereses privados non debería permitirse cando produce un atraso no desenvolvemento da sociedade en xeral, sen ter en conta o interese público.
Non todas as institucións, estruturas e convencións do sistema actual sobrevivirán se non son capaces de adaptarse aos novos tempos. As que sobrevivan veranse alteradas e redefinidas pola nova realidade, e é posible que para iso necesiten esquemas de funcionamento totalmente distintos.
martes, 2 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario